Método de traballo


A infografía 3D a xerar virá determinada pola correspondente información baseada en planos ou bocetos, materiais e propiedades do elemento a crear e toda a información necesaria para a correcta comprensión do proxecto. Esta información deberá ser aportada polo cliente, ben sexa con planos arquitectónicos, arquivos pdf ou imaxes 2D.

A imaxe xerada será en formato jpg en alta resolución (1920 x 1080 px a 72 ppp) ou en tamaño maior se o cliente así o demanda. No prezo sempre se inclúen, como mínimo, tres puntos de vista diferentes para unha mellor comprensión do proxecto.

No caso de solicitar vídeo, a resolución será FullHD (1920 x 1080 a 25fps), cunha duración a determinar polo cliente, sempre superior a 20 segundos.

 

E090323A_(360)_PISO_CHALET_LUJO-02_SUPERIOR_Perspectiva

Respondemos a algunhas das preguntas máis frecuentes:

 

Cal é o prezo dunha imaxe? e dun vídeo?

Non temos prezos fixos. En función de cada proxecto preséntase  o orzamento explicado polo miúdo


Que información necesitamos para preparar un orzamento?

O correspondente proxecto, xa sexa en pdf ou en formato autocad.


Hai só unha opción de orzamento?

No. Dependerá das necesidades do cliente. Paquete básico de imaxes (tres renders), galería completa, vídeo, vista interactiva…


Cantos cambios/correccións están incluídas no proxecto?

Dende a entrega do proxecto, traballamos cun borrador sobre o cal realizaremos dúas correccións ou cambios a pedimento do cliente.

A partir de aí habería que presupostalos.


Que tipo de cambios habería que custear a maiores?

Se os cambios non son responsabilidade nosa, por tratarse de erros ou deficiencias na entrega do proxecto por parte do cliente, este se fará cargo.

Por iso é moi importante que a achega de información se produza de forma ordenada e correcta.

E090323A_(360)_PISO_CHALET_LUJO-02_SUPERIOR_Cenital