As infografías 3D son realizadas coa última tecnoloxía informática, que garanten o máximo control da imaxe.
A infoarquitectura é o mellor método para mostrar a un cliente un edificio que non está construído todavía, ou poder facer imaxes de edificios xa existentes, dende ángulos imposibles na realidade.
¿Pensou en converter o seu logotipo de empresa nunha potente imaxe en 3D? A presentación do seu deseño para papelería corporativa, unha composición en 3D cos produtos da empresa…
A infografía 3D é a solución ideal para explicar, presentar e promocionar calquer produto ou proxecto de arquitectura, enxeñería e urbanismo, deseño industrial, xardinería, etc.
Os deseñadores (arquitectos, paisaxistas, interioristas…) poden coñecer de anteman o resultado dos seus traballos, permitíndolles valorar o impacto visual da construción no seu entorno.
Permítenos ver o resultado dunha obra sen tela construído, facilitando o estudio da súa volumetría, a modificación dos materiais, etc.
A infografía 3D é moi útil para mostrar procesos industriais e de construción que son complicados de entender de outro xeito. A infografía o amosa, de forma clara, directa e fácil de entender.
A importancia de esta tecnoloxía é evidente para facilitar a comunicación de ideas e proxectos de cara o público, exposicións, congresos…
E unha tecnoloxía que permite a creación de imaxes e animacións con calidade fotorealista de grande impacto visual. Podemos crear a imaxe de calquera produto, proxecto ou idea antes da súa fabricación.